GLUG - Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza

Distribuir contido
Levar ós hackers galegos a onde nunca software nengún os levara antes!
Actualizado: hace 5 semanas 21 horas

Petición de contribucións para a VII GUADEC-ES (A Coruña)

Mar, 25/05/2010 - 11:45

Este ano a VII GUADEC-ES organizarase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 22 e 23 de xullo de 2010. Esta edición está organizada por GPUL e GNOME Hispano.

Esta 7ª edición da GUADEC Hispana ibase a realizar por primeira vez en latinoamérica sendo Chile o país organizador, pero os acontecementos acaecidos debido ao devastador terremoto obrigaron a buscar un cambio de sede. Así que finalmente a organizaremos dende GPUL na Coruña a toda velocidade.

Esperamos que este evento teña interese para a comunidade Galega de Software Libre e se poidan mostrar en GUADEC-ES os traballos que se veñen realizando pola comunidade Galega.

URL do Evento: http://2010.guadec.es
VII GUADEC-ES A Coruña 2010 - CALL FOR PAPERS (Límite 14 Junio 2010)

ler máis

Paquete de xogos para GNU/Linux ao prezo que queiras

Sáb, 08/05/2010 - 15:36

Esta mañá descubrín que a compañía Wolfire lanzou The Humble Indie Bundle un pack de 5 xogos multiplataforma, e polo tanto tamén funcionais en GNU/Linux. Esta é una de esas propostas que non debedes deixar escapar xa que podemos comprar os 5 polo prezo que queiramos pagar (nin prezo mínimo, nin prezo máximo) e elixir o destino dos cartos (aos desenvolvedores ou para beneficencia).
A miña compra non tardou, xa que estas promocións son a mellor forma de convencer aos desenvolvedores de xogos "de pago" que a plataforma GNU/Linux tamén ten un market share que non deben pasar por alto. Estade atentos que esta promoción rematará nos vindeiros días.

ler máis

HOWTO: Montaxe $HOME con libpam-mount e smbfs con Ubuntu Karmic

Ven, 07/05/2010 - 11:52
Que é libpam-mount?

É un módulo de autenticación que permite montar volumes para unha sesión de usuario e ser desmontados ó saír da sesión.

    -Usuarios poden definir a súa propia lista de volumes sen ter que trocar ficheiros de configuración global
    -Transparente o proceso de montaxe
    -Non hai passwords almacenados

ler máis

As eleccións de Reitor na USC e o Software Libre

Dom, 02/05/2010 - 23:12

Van ser o vindeiro 5 de Maio as eleizóns a Reitor na USC e a comunidade universitaria está chamada a facer algún tipo de escolla entre os sete candidatos que se presentan. Sen nos meter nos outros moitos factores que é preciso ter en conta para facer unha escolla deste tipo, quixera debullar neste lugar o que sei, ate o momento, do que consideran os respeitivos candidatos sobre o Software Libre -- ou alomenos, o que nos seus programas e páxinas web atopei, e facer algunhas consideracións tanto para os propios candidatos coma para os que estexades chamados a votar.

ler máis

Usar plugins con efectos e filtros de Photoshop en Linux

Dom, 25/04/2010 - 19:38

Como xa todos sabedes Photoshop é un programa privativo moi utilizado para edición gráfica. Pero aínda que o programa non é libre, algúns dos seus plugins sí que o son e ademais existen formas de utilizalos en programas propios de Linux, e así aprobeitar tantos efectos e filtros que xa existen en outras aplicacións.

Por agora sábese que funciona tanto en Irfanview,mellor na versión 3.98, como en Gimp ca axuda de plugin de Gimp PSPI que carga os famosos arquivos tipo .8bf no Gimp, en ambolos dous casos necesitaremos a intermediación de Wine.

Por agora Irfanview resulta un sistema bastante fiable para usar estas extensións, aínda que hai que recoñecer que o máis cómodo segue a ser cargalos directamente no Gimp. Esperemos que o PSPI sega mellorando, e nun futuro poderemos contar con unha solución perfecta para facer uso de todos estos recursos que existen a disposición dos deseñadores.

ler máis

Mellora o rendimento de Virtualbox con discos SATA virtuais

Sáb, 17/04/2010 - 22:07

Fai algún tempo lín nalgures que cambiando  a interface de almacenamento virtual do sistema operante hospede de IDE, como está por defecto, a SATA melloraba o rendimento do sistema. Incluso o manual de Virtualbox deixa claro que existen melloras tanto na rapidez, coma no consumo de CPU.

ler máis

Formato personalizado da data no panel superior de GNOME

Mar, 13/04/2010 - 12:55

A disposición do reloxo no panel é, francamente, bastante mala. Para meu gusto é demasiado ancha e ocupa moito espazo no panel. Pero isto pode cambiarse con uns pequenos truquechos.

A continuación explico como cambiar a configuración do sistema para configurar o miniaplicativo de data e hora como vedes na imaxe (e máis un pequeno regaliño).

ler máis

O visionado en 3D chega aos escritorios de GNU/Linux

Sáb, 10/04/2010 - 11:14

De seguro que cando fai uns anos chegarades a ver este titular diríades que sería un soño ou algo semellante. E é que o visionado 3D está de moda e o escritorio de GNU/Linux, grazas a que todos podemos modificalo, non iba quedar atrás.

Isto conséguese mediante un engadido para o compiz. Porén, non creo que sexa unha funcionalidade para ter activada continuamente xa que pode chegar a marear.

A continuación explico como instalar un plugin para Ubuntu que activa o visionado 3D do escritorio para poder velo con unhas gafas de cristais azuis/vermellos.

ler máis

O GLUG colabora con relatorios na XGN 2010

Sáb, 13/03/2010 - 19:58

Varios socios do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza están a fin de semá do 26,27 e 28 de Marzo colaborando coa Xuventude Galiza Net 2010 con relatorios técnicos.

Os obradoiros serán abertos aos visitantes (é dizer, non é preciso ser participante da XGN) e de balde, pero será bo confirmar asistencia coa organización do evento para asegurar as prazas.

ler máis