blogue de miguelbf

A alternativa libre a rede social Facebook

Como todos saberedes (e quen non vaino saber agora), as redes sociais están resultando un pouco unha revolución. O uso de sitios web deste tipo, xa sexa Facebook, Tuenti, Twitter, MySpace, etc. (desculpade, non as uso e só coñezo as máis relevantes) é masivo. Pero o problema é o de sempre: estes sitios non traballan con tecnoloxí­as libres (se ben é certo que os de Facebook fan algunha contribución puntual á comunidade). Porén, existen tecnoloxí­as libres para solucionar este problema.

Publicada a versión candidata (RC) de GALPon MiniNo Alguadaira

Xa temos dispoñible a versión candidada (RC) da nosa distro GALPon Minino Alguadaira (1.2). Ao xa comentado cando anunciamos a publicación da beta, engadimos algunhas melloras e/ou funcionalidades.

A imaxe .iso agora é unha imaxe hí­brida, o que permite facer un USB Vivo (live) directamente, exactamente igual que se fose unha imaxe .img

Especial coidado nas instalacións especiais ou problemáticas. Agora MiniNo incorpora varias opcións de arranque para casos de hardware gráfico problemático:

Terceiro curso para directivas de ANPA da provincia de Pontevedra organizado pola FANPA

En colaboración con FANPA PONTEVEDRA continuamos co plan de formación para as ANPA no curso 2009/10, neste caso coa  colaboración das ANPA de Vilagarcía organízase un curso de software libre e estándares abertos para o vindeiro 29 de maio de 2010 no Centro Sociocultural San Roque (grupo San Roque, ao pé da rotonda das Carolinas).

O curso será impartido por GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) da man de Miguel Bouzada e terá unha duración de 8 horas, distribuídas de 10:00 a 14:00 hrs e de 16:00 a 20:00 hrs.

O curso está limitadoa un grupo  de 10 persoas, por orde rigoroso de inscrición, poden anotarse por correo-e ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

Sesión de mañá cos seguintes contidos:

  • Procesador de texto+folla de cálculo+elaboración de presentacións= 5 horas

Sesión de tarde:

  • Elaboración de presentacións +xestión de correo e mensaxería instantánea= 3 horas

O temario está dispoñible aquí

Nova versión «Beta» de GALPon MiniNo

Tras moitas horas de traballo en equipo (e as que nos quedan) volvemos ter unha distribución decente para ordenadores con poucos recursos, cun novo «look» renovado, moitisimas melloras, e utilidades que agardamos que vos gusten:

  • Escritorio dobre, baseado en ROX-Filer (principal) e PCManfm. Con cambio ao voo.
  • Lxp-icewm con interesantes características extras con respecto a IceWM: miniaplicativos para controlar o volume, a enerxía da batería, a localización do teclado, selector de escritorios, aparencia máis coidada, etc.
  • Os menús agora actualízanse automaticamente ao instalar programas.
  • Temas de xanelas de deseño propio, inspirados no tema «Clearlook». moi frescos e actuais.

A UE dictamina que as leis antipiratería son desproporcionadas

As leis para combater a piratería na Internet son desproporcionadas e chocan con varias directivas comunitarias, segundo un dictame do Supervisor Europeo para a Protección de Datos. A mesma autoridade chama a atención sobre o acordo internacional contra a pirateríaa que Bruxelas negocia con Estados Unidos.

Lido aquí.

Curso de "Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo

Como tódolos anos, novamente GALPon imparte un Cursoo de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.

Este próximo curso iniciase o  2 de marzo e rematará o 30 de abril, as clases serán de 16:00 a 19:00 tódolos martes e venres (agás os festivos). Terán lugar na Aula Informática 105 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións

O curso está aberto a todo o público en xeral. e para os estudantes habilitan cretos de libre elección (2)  ou E.C.T.S. (1). A inscrición está a berta dende hoxe.

Podedes ver todos os detalles e o temario aquí

Cursos para directivas de ANPA do concello de Pontevedra organizado pola FANPA

 

O curso será impartido por GALPon e sempre baixo  software libre e estándares abertos

Cursos para grupos de 10 persoas, por orden riguroso de inscrición, poden anotarse por correo ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

O citado curso será o vindeiro 27 de febreiro de 2010, de 9:30 a 14:30 hrs e de 16:30 a 19:30 hrs, cunha duración total de 8 horas. Será na aula nº 1 da 3ª pranta do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra.

Avatar foi creada con máis de 4.000 servidores con GNU/Linux

Avatar, a pelí­cula máis recente de James Cameron, sorprendeunos polos seus espectaculares efectos especiais. O que a xente non sabe é que todo isto foi desenvolvido con 40.000 procesadores e 104 Terabytes de RAM en máis de 4.000 servidores con GNU/Linux.

A empresa que está detrás de todo isto chámase Weta Dixital, unha compañí­a con sede en Wellington, Nova Zelandia, que xa leva un tempo dando de que falar na industria cinematográfica. Weta Dixital traballou cos principais estudos para desenvolver producións como O Señor dos Aneis, Eu Robot, Eragon e King Kong.

Crítica de Rodriguez Ibarra aos "artistas", á SGAE e á Ministra de cultura

Lendo hoxe a prensa, sorprendinme cunha analise moi coherente do ex-presidente da Junta de Extremadura sobre o tema da "Propiedade intelectual". Convidovos a lelo.

http://www.elpais.com/articulo/opinion/Fregonas/maletas/ruedas/elpepuopi...

Distribuir contido