blog de miguelbf

Casos de éxito

Faime graza a linguaxe grandilocuente dos comerciais encorbatados que cegan aos directivos das empresas ou aos políticos con mando en praza. Unha das cousas que adoitan vender é aquilo dos casos de éxito das súas empresas.

Microsoft agora tenta fragmentar o ODF

Tal e como xa fixera con Java e HTML (por citar só dous casos) Microsoft investiu agora polo menos 12 meses de traballo en intentar fragmentar o estándar ODF no mercado de TI: Unha vergoña. Prometo que estaba preparado para publicar esta semana un fío eloxiando a Microsoft por lanzar, finalmente, o SP2 do Office 2007 con soporte nativo de ODF, pero desgraciadamente despois das probas iniciais de distintos usuarios, o que vemos é un intento absrudo de enganar aos consumidores (que pagan polo software) e fragmentar o estándar ODF na industria de TI.

Pacto polo software libre nas Eleccións europeas 09

Lista de candidatos galegos ás "europeas 09" que asinaron o pacto

Irei actualizando dúas veces ó día esta lista (actualizado as 00:00 do 07/06/09)

  • María del Carmen Otero Vilas, Suplente nº 8 de UPyD.

  • De UPyD asinaron 1º,3º, 4º e 11 máis

  • O cabeza de lista de "Europa de los pueblos - Verdes" (que se asegura o posto cos votos ao BNG) fai caso omiso de tódalas invitacións a firmalo, un novo Guardans co noso voto?
  • Subliñar que asinaron tódolos candidatos e a "directiva" de Chunta Aragonesista (a ver si alguén toma exemplo)

 

 

 

 

Filme de animación feito integramente con software libre

Aquí vos deixo a ligazón á noticia sobre uns debuxos animados feitos en Venezuela empregando somentes sofware libre. Titulase "El Pequeño Gran Libro", foi realizado por un equipo de tres persoas. Para o renderizado empregaronse só dous equipos. O software utilizado foi: Ubuntu Studio, BlenderGimpInkscape e Cinelerra 

 

Hoxe presentase "Gyy" o primeiro mini-pc ó amparo da Free Knowledge Foundation

Hoxe presentase en Madrid o primeiro produto da empresa española iUnika. estes primeiros equipos desenvolvidos por iUnika encádranse na categoría dos UMPC (Ultra Mobile Personal Computer) e son computadores mini-pc portátiles, ultralixeiros (700 gramos de peso), que incorporan un sistema operativo completamente libre (GNU/Linux) con miles de programas de Software Libre. Asemade os seus materiais (bioplástico na carcasa) son respetuosos co contorno e algún modelo incorpora paneis solares para axudar na carga das baterías o que tamén contribúe a alongar o tempo de traballo autónomo.

Navegación segura na Internet - relatorio no Concello de Ames

Co gallo do día da Internet (a celebrar o 17 de Maio) O Concello de Ames coa colaboración de GALPon organiza un relatorio sobre  "Navegación segura na internet".

O relatorio, guiado por Miguel Anxo Bouzada, terá lugar o sábado 16 de maio as 6 da tarde na Casa da cultura do Milladoiro, co seguinte programa

Máis info: http://www.concellodeames.org/comunicacion/nova.php?lg=gal&id_nova=2954

Compromiso democrático en defensa do software libre

Coñecemos ben os síntomas que causan os monopolios: debilidade democrática, dependencia tecnolóxica, corporativización dos procesos regulatorios, corrupción estrutural da Administración Pública. Levamos anos nese punto exacto.

Ante as eleccións ao Parlamento Europeo diversas asociacións de software libre, comprometidas na defensa das liberdades dixitais, queren situar no debate central da futura política de Estado, a necesidade de que as infraestruturas informáticas públicas desenvólvanse sobre software libre.

Tecnologia e Metodologia

Não basta entupir de recursos tecnológicos materiais se não houver metodologia de trabalho e projeto pedagógico.

Hispalinux censura o custo económico e a dependencia tecnolóxica da "solución" Microsoft para educación

Novamente, e sen concurso público, a nosa industria do software podería recibir un golpe definitivo por parte do Goberno para beneficiar ao monopolio. En España hai aproximadamente 2,6 millóns de alumnos de primaria que, segundo varias filtracións de prensa non desmentidas, van recibir un mini-PC co software de Microsoft preinstalado.

Comprando un "Desktop" con GNU/Linux xa instalado

Nestes pasados días encomendáronme que preparara uns equipos con Linux para uns coñecidos, tiña que mercar as CPUs e demais e facer a instalación.

A verdade é que pintado así, para quen coñece un pouco os nosos queridos SOs non supón problemas, pero quizais por iso canto máis sinxelo sexa todo, eu polo menos, valorámolo máis.

Distribuir contenido