A Xunta habilita un millón de euros de axuda para que os autónomos poidan comprar computadores con SwL

  • A tramitación efectuarase a través dos máis de cen puntos de venda admitidos como entidades colaboradoras e dun xeito instantáneo para o beneficiario grazas a un aplicativo web
  • A axuda máxima por equipo, que se venderá obrigatoriamente con software libre, pode chegar aos 350 euros
  • Mancomún elaborou xa no 2008 unha proposta de software e material de axuda para as entidades colaboradoras

A Xunta de Galicia porá en marcha esta semana unha liña de axudas para os autónomos destinada á compra de computadores persoais nos que se instalarán ferramentas informáticas de software libre para fomentar o seu uso entre os beneficiarios. Deste xeito, e coa publicación hoxe no DOG  da lista definitiva das entidades colaboradoras coa Consellería de Economía e Industria, o martes darase por aberto o proceso para que os autónomos poidan solicitar estas achegas encamiñadas a facilitar o acceso dos empresarios á Sociedade da Información.

As axudas para este ano contan cun orzamento aproximado de 1 millón de euros, por enriba dos 660.00 € que se destinaron a esta mesma liña no 2008. A contía das achegas acadará ata o 45% da base impoñíbel do custo do ordenador -cun máximo de 350 euros-, e está previsto que beneficie a uns 4.000 autónomos, case o dobre dos que se acolleron a estas axudas o ano pasado.

Máis informacion en: http://www.xunta.es/cei/pcautonomos

Publicado por Mancomún

Comentarios

¿Subvenciones para asociaciones?

Muy buenas,

 

¿Conocéis convocatorias similares para asociaciones sin ánimo de lucro?  En Manaia estamos pensando en adquirir un portátil y un proyector (con la ayuda de papá estado) y estaba pensando que una subvención de este estilo sería una manera de "colarles" GNU/Linux, Firefox & OpenOffice.

Lamentablemente ya me imagino lo que van a pedirme en cuanto compremos uno, que le instale el Windows, a lo que me negaré amablemente diciendo que de piratear nada de nada, que seamos serios.  A lo que me responderán que paga la licencia la asociación :-(.

Bueno y no sigo que me estoy montando la película yo solito. 

Un saludo

 

 

Be Wild! Be Free! Be Linux!

Para algo existe o GRUVI

Con solicitar un equipo xa está feito, e ademais van todos con Linux, portátiles non hay, pero sobremesa, impresoras (BeN) e escáneres si.

De feito hai un que foi rexeitado por non ir con Ruin2.

Algunha asociación con fins semellantes levou o outro día un equipo