VirtualBox, Ubuntu Gutsy (7.10) e pode que outras "distros"

Veño de incluir na wiki unha recopilación de notas sobre a instalación de VirtualBox, unha delas coa axuda de Odo.

    - Erros na compilación do módulo vboxdrv

    - Configuración do USB

    - Compartición de cartafois anfitrión/invitado

    - Sincronizacion dunha Palm con invitado Windows mediante HotSync

Xa que coas novas versións algunhas cousas  hai que configuralas a man e as veces non é moi doado, sobor todo para os noveis.

Como sempre en Galego e en Castelán, e insistir en que si vedes algunha errata ou erro por favor a rectifiquedes.

 

Comentarios

requerimentos VirtualBox

Ola Miguel,

Unha pregunta estúpida, pero é que sei que é necesario in bo PC para poder usar maquinas virtuais, pero non atopo en ningún sitio info sobre eso. Cal é o mínimo necesario (procesador, ram etc) para poder usalo?

 

dependerá do S.O anfitrión e do S.O invitado

Como límite creo que non debería baixar de un PentiunIII/AMD K6/2 450-500 MHz,  256 MB de RAM.

De feito estos dias traballo cun AthlonXP 1600 MHz con 256 MB, Ubuntu Gutsy como anfitrión e Debian Etch con IceWM+Rox-filer como invitado, cedendolle a máquina virtual 128, co que quedan outros 128 para o anfitrión, o invitado vai ben, pero o anfitrión, mentras esta aberta a máquina virtual deprime a calqueira por lento.

Respecto o procesador, eu xa empreguei un PIII  450 Mhz con 512 MB e iba perfectamente con Ubuntu Dapper Server + Icewm + Rox-filer como afitrión e con  Windows 2000 como invitado, partindo a memoria a 256 para cada un.

Ubuntu Gustsy Gibbon 7.10. e Win2 XP

Grazas Miguel. Eu quero usar de anfitrión Ubuntu Gustsy Gibbon 7.10, e de invitado XP. Con un Pentium 4 e 512 Mb de RAM. Teño que ver se se pode ampliar a RAM. Pero polo que dixeches, entendo que funcionaría ben. Entendo tamén que cando non estea aberta a maquina virtual o anfitrión usará toda a memoria, como se nada mais estuvera instalado. Saúde

Apreciación correcta

Só cando se lanza o invitado desde VBox (ou VMWare) esta aplicación se reserva para sí a cantidade de memoria que se lle asignou ó creala, ó resto do tempo, e incluso con VBOx lanzado, pero sin lanzar o S.O. invitado, o anfitrión dispón de toda a memoria, so no caso de ter lanzado só o "xestor de VM" ocupará a parte de moria imprescindible para ter activa a aplicacion, como calquer outra aplicación.

requerimentos vBox

entrei no seu sitio e esto parece menos optimista:

  • Reasonably powerful x86 hardware. Any recent Intel or AMD processor should do.
  • Memory. Depending on what guest operating systems you want to run, you will need at least 512 MB of RAM (but probably more, and the more the better). Basically, you will need whatever your host operating system needs to run comfortably, plus the amount that the guest operating system needs. So, if you want to run Windows XP on Windows XP, you probably won't enjoy the experience much with less than 1 GB of RAM. If you want to try out Windows Vista in a guest, it will refuse to install if it is given less than 512 MB RAM, so you'll need that for the guest alone, plus the memory your operating system normally needs.