Boas!
Un dos discos duros internos que teño dun día para outro empezou a darme un erro de E/S e non podo copiar arquivos para ese disco inda que todos os que xa están alí funcionan correctamente.
O disco duro é un DD 120 GB ata133 7200 RPM (IDE)
Uso Ubuntu 7.04 Feisty Fawn con Gnome.
O disco duro é NTFS e uso ntfs-3g
Fago cat/etc/fstab e dame dev/sdb1 /media/Nuevo\040vol ntfs-3g user,auto,locale=gl_ES.UTF-8 0 0
Hoxe abrín a caixa e está todo ben conectado...
A alguén se lle ocorre o que pode ser?
Gracias.
ifrit
¿probaches SMART?
Por se é un erro do propio disco, proba a instalar as smartmontools (ferramentas de monitorización SMART de disco duro).
Despois executa smarctl /dev/sdb1 (con espacio entre smartctl e /dev/sdb1 ; xa axustei os parámetros para o teu disco en concreto) e postea aquí o resultado.
Aburiño.