No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do software libre.
PERFÍS:
FORMA DE CONTRATACIÓN: No caso do coordinador será un contrato e no caso do técnico será unha bolsa.
DURACIÓN: Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009.
SOLDO APROXIMADO: 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 euros brutos/mes, para o bolseiro.
LUGAR DE TRABALLO: En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC.
SELECCIÓN DE CANDIDATOS: Os/as interesados/as deben enviar o seu Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo electrónico
atic.software@usc.es. A data límite para a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008.
Máis información: atic.software@usc.es