GALPon no Festigal

Como tódolos anos, GALPon estará presente o día 25 de xullo na carpa do Software Libre do Festigal. A nivel asociación o noso cometido é informar da nosa laboura na provincia que nos atinxe e darnos a coñecer ó resto do mundo.

A nivel socios, é o día onde nos xuntamos con moita máis xente de Galiza relacionada co SL, i entre nós tamén. Por iso, como anos anteriores, estades invitados tódolos socios de GALPon á comida que temos no propio Festigal.

O único que tedes que facer é enviar unha mensaxe á lista de correo de Galpon dicindo que vides e así poderemos aprovisionar os billetes para a comida (tamén debedes estar ó día do pago da cuota de socio).

Tamén, de paso que dicides que vides a Santiago, engadide se tedes coche e podedes levar a alguén ou se precisades que vos leven. Así podemos organizarnos pola lista de correo.

Aproveitando o galo e de que o sábado 26 é sábado de fin de mes e que teríamos xuntanza informal en Vigo como de costume, decidimos que coa festa que teremos en Santiago e como esperamos xuntarnos máis que en Vigo, pois aprazamos este mes (só este mes) a xuntanza mensual.

¿Anótaste ó Festigal?