Hoxe presentase en Madrid o primeiro produto da empresa española iUnika. estes primeiros equipos desenvolvidos por iUnika encádranse na categoría dos UMPC (Ultra Mobile Personal Computer) e son computadores mini-pc portátiles, ultralixeiros (700 gramos de peso), que incorporan un sistema operativo completamente libre (GNU/Linux) con miles de programas de Software Libre. Asemade os seus materiais (bioplástico na carcasa) son respetuosos co contorno e algún modelo incorpora paneis solares para axudar na carga das baterías o que tamén contribúe a alongar o tempo de traballo autónomo.
Aínda que as prestacións técnicas son só de "utilitario", se a isto lle engadimos o seu prezo, 130€ (160€ con paneis solares), temos unha moi boa ferramenta para o ensino e para propósitos xerais con moitísima mobilidade.