O GRUVI comezou a entrega de equipos deste curso

Como xa ven sendo habitual ó remate de cada curso, ainda que este con certo retraso, o comezou o xoves pasado a entrega de equipos reciclados.

Nesta convocatoria entreganse 34 equipos a 27 asociacións sen ánimo de lucro, a maioría levan como software a versión Ronsel de GALPon MiniNo, outros poucos levan a versión GALPon MiniNo GestiONG e unha leva unha Ubuntu configurada no obradoiro do GRUVI para ser empregada como ferramenta de apoio a educación para miudos e mozos/as.

Na vindeira semán, ainda sen concretar se o venres ou o sabado, remataránse as entregas.

Cara ó próximo curso está prevista a entrega de, alomenos, dúas aulas TCOS con un equipo de mestre e 7-12 terminais, dependendo de que poidamos ou non facernos con un ou dous equipos PIV ou semellante > 1800MHz xa que dispomos de algo máis de 40 equipos axeitados para seren terminais "burros".