Aberto o plazo de inscripción extraordinario na III edición do Máster en Software Libre

Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos promoven a III edición do Máster en Software Libre, que terá lugar en Galicia a partir de Outubro do 2009.

http://www.mastersoftwarelibre.com

(Setembro, 2009) Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos, anuncian a III edición do “Máster en Software Libre”. Con sede en A Coruña, realizarase a partir de Outubro en sesións de venres tarde e sábado mañán. Poderán enviarse solicitudes de inscripción ata o 18 de Setembro a través da páxina web do mesmo. 

O “Máster en Software Libre” plantéxase como unha ferramenta que pretende supli-la elevada demanda de profesionais especializados en Software Libre dentro do sector TIC. Orientado a recén titulados e profesionais TIC que desexen mellorar as súas capacidades para xestionar, analisar e colaborar en proxectos internacionais de Software Libre, conta cun enfoque eminentemente práctico, fomentando a asistencia a congresos internacionais e o traballo en grupo durante o desenvolvemento da docencia. 

Según José María Casanova, coordinador do Máster, as claves do bo funcionamento da iniciativa residen na internacionalización, a calidade docente e a metodoloxía de ensinanza: “Os estudantes están dende o primeiro día xogando coa tecnoloxía, durante as clases tratamos de fomentar a súa independencia, que aprendan a buscar solucións. Ademáis, coa asistencia a congresos e charlas maxistrais teñen a oportunidade de coñecer ás persoas máis relevantes do mundo do software libre”. 

En canto ás tasas de emprego e impacto do Máster, o seu coordinador mantén que “o software libre é un entorno de traballo con máis demanda de persoal cualificado que oferta dispoñible. Neste momento, o 100% dos estudiantes da primera edición están traballando en temas relacionados cos contidos do Máster. Por outro lado, están en proceso de creación 2 empresas de servicios e unha asociación relacionadas co software libre”. 

Gracias á política de descontos desta edición, é posible cursar o “Máster en Software Libre” dende 2.200 €, tendo en conta descontos e prácticas remuneradas de ata 2.000 €. Entre os colectivos con descontos atópanse varios colexios profesionais, asociacións de Software Libre galegas, empresas asociadas a AGASOL ou estudantes recén titulados durante os últimos dous anos. 

A inscripción está aberta ata o 18 de Setembro a través da páxina web do Máster.

Máis información:

http://www.mastersoftwarelibre.com