Xa temos dispoñible a versión candidada (RC) da nosa distro GALPon Minino Alguadaira (1.2). Ao xa comentado cando anunciamos a publicación da beta, engadimos algunhas melloras e/ou funcionalidades.
A imaxe .iso agora é unha imaxe híbrida, o que permite facer un USB Vivo (live) directamente, exactamente igual que se fose unha imaxe .img
Especial coidado nas instalacións especiais ou problemáticas. Agora MiniNo incorpora varias opcións de arranque para casos de hardware gráfico problemático:
A Xunta de Galicia anuncia mediante nova de prensa as liñas estratéxicas para promocionar o Software Libre en Galicia.
GALPon apoiará calquera iniciativa que poida ir a favor dos seus fins e aledámonos que por fin se empece a mover algo dende o xigante da Administración Pública.
Agardamos ansiosos por ver como se vai desenvolvendo o proxecto e estaremos coa man aberta para darlle un pulo ao Software Libre en Galicia.
Nova orixinal: http://imit.xunta.es/portal/novas/2010_01_27.html
Infórmanos o noso amigo René Mérou que ven de liberar o "Mapa conceptual do Software Libre".
Un pode explicar o rico mundo do software libre usándoo como guía ou incluso dalo en man sen ter que dar longas explicacións. O gráfico descríbeo de xeito intuitivo e usando as propias referencias que ten a xente sobre os conceptos relacionados co que é bastante rápido e evita que nos teñamos que lembrar de todo e que se poida dar unha explicación demasiado persoal ou emocional.
Está dispoñible en: catalán, danes, español, inglés, éuscara, interlingua, e galego
Celebrouse a asemblea fundacional da "Asociación Cultural para a Galeguización
de Software Libre Proxecto Trasno"

Logo dun período de valoración e redacción dos estatutos, o Proxecto Trasno
(www.trasno.net), que traballa dende o ano 2000 na localización de software
libre ao galego, avanzou na súa constitución como entidade legal. Reunidos en
Santiago de Compostela a día 17 de outubro de 2009, acordouse a fundación da
"Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno" e
elixiuse a primeira directiva. A nova asociación pretende amparar técnica e
Ó longo das seguintes semanas, Igalia estará presente nos campus universitarios das 3 universidades galegas para presentar o Premio ó mellor PFC con Software Libre. Durante a presentación explicaranse os obxectivos e bases desta iniciativa. As datas son as seguintes:
Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos promoven a III edición do Máster en Software Libre, que terá lugar en Galicia a partir de Outubro do 2009.
http://www.mastersoftwarelibre.com
(Setembro, 2009) Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos, anuncian a III edición do “Máster en Software Libre”. Con sede en A Coruña, realizarase a partir de Outubro en sesións de venres tarde e sábado mañán. Poderán enviarse solicitudes de inscripción ata o 18 de Setembro a través da páxina web do mesmo.
Faime graza a linguaxe grandilocuente dos comerciais encorbatados que cegan aos directivos das empresas ou aos políticos con mando en praza. Unha das cousas que adoitan vender é aquilo dos casos de éxito das súas empresas.

Lista de candidatos galegos ás "europeas 09" que asinaron o pacto
Irei actualizando dúas veces ó día esta lista (actualizado as 00:00 do 07/06/09)
- De UPyD asinaron 1º,3º, 4º e 11 máis
- O cabeza de lista de "Europa de los pueblos - Verdes" (que se asegura o posto cos votos ao BNG) fai caso omiso de tódalas invitacións a firmalo, un novo Guardans co noso voto?
- Subliñar que asinaron tódolos candidatos e a "directiva" de Chunta Aragonesista (a ver si alguén toma exemplo)
Podedes ver tódolos candidatos españois que xa asinaron en:
http://wiki.hispalinux.es/doku.php?id=candidatos_que_firman_el_pacto_por...
e en:
Hoxe presentase en Madrid o primeiro produto da empresa española iUnika. estes primeiros equipos desenvolvidos por iUnika encádranse na categoría dos UMPC (Ultra Mobile Personal Computer) e son computadores mini-pc portátiles, ultralixeiros (700 gramos de peso), que incorporan un sistema operativo completamente libre (GNU/Linux) con miles de programas de Software Libre. Asemade os seus materiais (bioplástico na carcasa) son respetuosos co contorno e algún modelo incorpora paneis solares para axudar na carga das baterías o que tamén contribúe a alongar o tempo de traballo autónomo.