openoffice.org

Microsoft agora tenta fragmentar o ODF

Tal e como xa fixera con Java e HTML (por citar só dous casos) Microsoft investiu agora polo menos 12 meses de traballo en intentar fragmentar o estándar ODF no mercado de TI: Unha vergoña. Prometo que estaba preparado para publicar esta semana un fío eloxiando a Microsoft por lanzar, finalmente, o SP2 do Office 2007 con soporte nativo de ODF, pero desgraciadamente despois das probas iniciais de distintos usuarios, o que vemos é un intento absrudo de enganar aos consumidores (que pagan polo software) e fragmentar o estándar ODF na industria de TI.

GALPon realiza obradoiro de OpenOffice.org avanzado con Claudio F. Filho

OpenOffice.org logoGALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.

Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.

Distribuir contido