No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do software libre.
GALPon demanda profesores/as que desexen dar cursos de 50h (aprox) baseados en Software Libre. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de Maio 2007.
Serán desenvolvidos en Outubro - Novembro 2007 na provincia de Pontevedra, principalmente en Vigo. Máis información en http://www.galpon.org/drupal/node/20