O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, como parte da súa actividade de difusión e promoción do Software Libre na PEME galega, organiza un curso de capacitación dirixido á empresa TIC galega para que estas sexan quen de abordar proxectos de implantación e soporte de servizos en Software Libre.
A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, publicou as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións con fondos públicos europeos ás empresas que realicen investimentos en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, nos que tamén se recolle a implantación de solucións baseadas en software libre.
Neste artigo adxúntase a orde publicada no DOGA do 11 de xaneiro e facemos un pequeno resumo, destacando a importancia do prazo para presentar as solicitudes que remata o día 15 de febreiro de 2008.
O pasado 1 de agosto celebrouse a asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixíu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos.
Os obxectivos desta iniciativa son:
O mércores 23 de maio, houbo unha xuntanza de empresas galegas na capital de Galiza para tomar a iniciativa de crear unha nova asociación que rexunte ás empresas galegas relacionadas co software libre. Pretendeu ser a toma de contacto para iniciar o procedemento de constitución legal da asociación, ademais de tomar apuntes das inquedanzas e necesidades das empresas galegas no paradigma do software libre.
Esta semana se han publicado sendas noticias informando de la futura creación de una Asociación de empresas de Software Libre y de un cluster de empresas TIC: