Xa está dispoñible a derradeira versión de GALPon MiniNo, na que ademáis de correxir erros incorporanse importantes novidades.
Instalador desde o arranque vivo e desde o propio GRUB para aquelas máquinas que non soporten o modo vivo
Opcións de arranque de compromiso para máquinas con conflitos na gráfica
Fondos de pantalla realizados por "Odo" mellorados
Novas aplicacións como a xestión de dispositivos a traves de mut2 (de orixe Puppy) o navegador "Midori" (ainda nunha beta moi primaria), ferramentas de rede de orixe Knoppix, etc...
Tendes máis información e acceso as descargas aquí:
Fai un par de meses que decidimos formar un equipo de traballo para intentar montar unha alternativa a Guadalinex Mini 2004, máis actualizada, máis práctica, máis rápida e, por que non, máis agradable á vista 
Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.
Xa que este traballo foi planexado cara a obter unha distro bilingüe (un dos coordinadores de proxecto non é galegofalante) é importante suliñar o traballo de traducción de aplicacións para acadar unha “distro” doadamente galeguizada, ainda ha moitas aplicacións no “obradoiro” pero xa son só as máis raras.